jueves, 26 de marzo de 2015

Campeonato de España de Inverno( 2000 e 5000m)

Rematouse o campeonato de España de inverno, contento cos resultados e coas sensacións. As cousas van por bo camiño.
No 2000 a pesar de non contar coa referencia de serie máis rápida conseguín un segundo posto que supo a gloria jajaja, cun tempo bastante bo (7:46).
No 5000, tras unha boa salida e empezar marcando o grupo de cabeza, o resto da regata consistiu en diversos tiróns cos que aguantamos 3 persoas no grupo de cabeza ( Fran, Lecu e eu). Debo decir que ata ahí todos nos respetamos e ninguén fixo ningunha perrada nin trampa.
Tras a última ciaboga Fran e eu demos un tirón que Lecu non conseguiu aguantar. A falta de uns 100m para entrar peguei un tirón con todo o que me quedaba, as sensacións eran boas e funlle comendo metros a Fran, todo tiña a pinta de que iba a pasalo pero antes de que iso pasase Fran cerrouse e impediume pasar realizando unha maniobra ilegal.
Ao final outro segundo posto e unha medalla de prata con regustillo a ouro jajaja, moitos me dixeron que reclamase pero non quixen, Fran é compañeiro meu e non quería que o descalificasen.
Saco cousas moi positivas de este campeonato, ahora xa só queda un mes para o verdadeiro obxetivo, a Copa 1000m que se realizará en Trasona-Asturias, un mes no que machacaremos o 1000 sin descanso. Queda pouco xa, toca sufrir un pouco máis para lograr o obxetivo, A POR TODAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario