sábado, 22 de noviembre de 2014

Equipo nacional

O soño de calquer deportista, conseguir entrar no equipo nacional e poder dedicarte case exclusivamente ao teu deporte...conseguido porfín, pero se o camiño percorrido ata agora foi difícil, moito máis o será o que me espera.
Convivo diariamente con grandes piragüistas que mostran día a día a paixón por este deporte, sacrificando as súa xuventude para poder entrenar...bueno, eso é o que din, porque eu non vexo mellor forma para aproveitala. Poder vivir dedicándote ao que de verdade te apaixóa é algo xenial e que está ao alcance duns poucos.
Pero non todo é un camiño de rosas, compatibilizar os entrenos cos estudos supón un gran esforzo que a meirande parte das veces se traduce en durmir ben pouco...e ollo!que ao día seguinte hai que adestrar,e non falamos de adestramentos fáciles, que aquí todos os días hai que deixarse a pel se queres conseguir o teu obxetivo(no meu caso,o mundial de Portugal) porque aquí todos pelexamos polo mesmo, e se queres ser o mellor non che queda outra que dar o mellor de ti.
Ante todo véxome preparado e con moito optimismo, non penso desaproveitar a oportunidade, ESTE ANO É O ANO!!!