domingo, 7 de diciembre de 2014

Semana de carga 2 acabada, xa se fixo bastante durilla eh jaja, pero o entusiasmo e as ganas non decaen!!
Quedan 4 meses para a gran cita(selectivo 1000m), pensar que xa pasaron 3 meses dende que estou aquí...que rápido pasa o tempo, por eso non se pode desaproveitar ningún entreno, todo suma, empeza a poñerse a cousa seria.
Para esta semana que ven toca carga 3, e despois controles,xusto ante de marchar para a casa(a recargar as pilas e poñerse a tope) así que a darlle duro estas dúas semanas, que é o que toca!!




                                            Pd: que ganas de ir á casa,ver á familia e entrenar cos do club

sábado, 22 de noviembre de 2014

Equipo nacional

O soño de calquer deportista, conseguir entrar no equipo nacional e poder dedicarte case exclusivamente ao teu deporte...conseguido porfín, pero se o camiño percorrido ata agora foi difícil, moito máis o será o que me espera.
Convivo diariamente con grandes piragüistas que mostran día a día a paixón por este deporte, sacrificando as súa xuventude para poder entrenar...bueno, eso é o que din, porque eu non vexo mellor forma para aproveitala. Poder vivir dedicándote ao que de verdade te apaixóa é algo xenial e que está ao alcance duns poucos.
Pero non todo é un camiño de rosas, compatibilizar os entrenos cos estudos supón un gran esforzo que a meirande parte das veces se traduce en durmir ben pouco...e ollo!que ao día seguinte hai que adestrar,e non falamos de adestramentos fáciles, que aquí todos os días hai que deixarse a pel se queres conseguir o teu obxetivo(no meu caso,o mundial de Portugal) porque aquí todos pelexamos polo mesmo, e se queres ser o mellor non che queda outra que dar o mellor de ti.
Ante todo véxome preparado e con moito optimismo, non penso desaproveitar a oportunidade, ESTE ANO É O ANO!!!

miércoles, 29 de enero de 2014

Nova temporada,novos retos,e se cadra,máis ganas e ilusión que nunca

Empeza a temporada 2014,este ano tentarei facer un maior uso deste blog e publicar noticias sobre novedades e tamén fotos e videos de regatas,aqui vos deixo un video que penso que reflexa á perfeción o que un sinte por este deporte

https://www.youtube.com/watch?v=Ffv3UI_3CHE